O Goberno da Asociación estará a cargo da Asamblea Xeral, a Xunta Directiva y o Presidente da mesma. (Estatutos AGA, Art. 23).
A Asamblea Xeral estará constituida pola totalidade dos membros da Asociación. (Estatutos AGA, Art. 24).


Nos Estatutos da Asociación Galega de Áridos (A.G.A.) recóllense os datos básicos que definen a entidade, tales como:

  1. Denominación, domicilio, duración, ámbito e funcionalidades da Asociación.
  2. Membros, admisión, baixa, separación e réxime disciplinario.
  3. Órganos da Asociación.
  4. Réxime económico.
  5. Disolución da Asociación.

A través da Resolución de 25 de setembro de 2009 da Dirección Xeral de Relacións Laborais, fíxose pública a modificación dos estatutos da Asociación Galega de Áridos (A.G.A.), aprobada en asamblea celebrada o 5 de xuño de 2009. (DOG nº 206 de 21 de outubro de 2009).