Volver


11/04/2017

ARIGAL LANZA A SÚA NOVA WEB, MÁIS VISUAL E ADAPTADA PARA DISPOSITIVOS MÓBILES

- Ao acto de presentación asistirá o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García.

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) lanzará o próximo 17 de abril a súa nova web corporativa, que incorpora un deseño máis visual e adaptado para o seu acceso desde dispositivos móbiles, que son as canles de acceso a Internet de maior crecemento neste momento.

No acto de presentación estará presente o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, dado que o organismo que dirixe foi o que financiou este proxecto xunto coa Deputación de A Coruña. Ao evento tamén asistirán o presidente de Arigal, José Lista, e membros da xunta directiva.
O novo sitio web terá unha estrutura máis clara e simplificada, no que a información corporativa sobre a Asociación e as características e dimensións do sector dos áridos en Galicia adquiren un maior protagonismo.


Que? Presentación da nova web de Arigal.
Cando? Luns 17 de abril de 2017, ás 12.00 h.
Onde? Pazo de San Roque (rúa de San Roque, 2), en Santiago de Compostela.