Estás en: Servizos
O obxectivo principal da Asociación Galega de Áridos, AGA, é a defensa, promoción e representación dos intereses profesionais e sociais das empresas asociadas.
- Os obxectivos defínense en función da área de traballo.
- Manténse un contacto moi estreito coa administración (autonómica, local e estatal), con entidades sectoriais (Cámara Mineira, Universidades) e con entidades privadas (CEG, FdA).
- A AGA realiza un seguemento puntual da normativa legal e técnica, tanto a nivel local, autonómico, estatal ou europeo, na súa fase de elaboración e/ou trasposición no caso das directivas, que regulan aspectos relacionados coa seguridade e saúde na minería, a protección do medioambiente, a seguridade de máquinas e instalacións, control dos explosivos, etc.
- A AGA promociona unha cultura de seguridade e saúde no traballo, a sostenibilidade e as boas prácticas ambientais, a implantación das mellores técnicas de producción dispoñibles, o estudo da súa evolución e a prosperidade económica.
- A AGA fomenta a divulgación da imaxe do sector á sociedade, comunicando a importancia e a necesidade dos áridos para o benestar e desenvolvemento da sociedade.
- Outro obxectivo da Aga é proporcionar aos asociados servizos, organizando cursos de formación, buscando a sinatura de diversos convenios que lles proporcionen condicións máis ventaxosas e ofrecendo servizos de asesoría legal, consultoría e mediación, entre outros.